O Xurado de Expropiación de Galicia funciona como un órgano colexiado de carácter permanente e especializado, que actúa con independencia xerárquica e funcional, para a determinación dos prezos xustos dos expedientes de expropiación que lle son encomendados.
A súa composición é:
- Presidencia:
Exercida por un funcionario de carreira con licenciatura ou grao en dereito, arquitectura ou enxeñería, con máis de dez anos de experiencia profesional.
- Vogais:
- Un asesor xurídico, da escala de letrados da Xunta de Galicia
- Tres vogais permanentes do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, titulados en arquitectura, enxeñería agrónoma ou enxeñería de montes
- Un vogal do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, en representación da consellería competente en materia de facenda
- Un vogal da Federación Galega de Municipios e Provincias.
- Un técnico superior, por proposta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios
- Tres profesionais libres colexiados con acreditada competencia nas materias propias do ámbito competencial do Xurado, en representación dos colexios profesionais de Galicia, designados polos seus presidentes.
Os vogais que representan aos colexios profesionais son un Enxeñeiro Agrónomo, se se trata de fincas rústicas; un Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, cando se trate de aproveitamentos hidráulicos ou outros bens propios da súa especialidade; un Enxeñeiro de Montes, cando o principal aproveitamento da finca expropiada sexa forestal; un Enxeñeiro de Minas, nos casos de expropiación de dereitos mineiros; un Arquitecto cando a expropiación afecte a fincas urbanas; un Enxeñeiro Industrial, cando se trate de industrias en xeral, e un economista cando a expropiación trate sobre valores mobiliarios.
O XEG como órgano administrativo
O XEG é tamén un órgano administrativo pertencente a estrutura da Xunta de Galicia, que é o encargado de dar apoio técnico-xurídico-administrativo ao órgano colexiado.
